Valentino Mazzola
futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Valentino Mazzola, nado en Cassano d'Adda (Milán) o 26 de xaneiro de 1919 e finado en Superga o 4 de maio de 1949, foi un futbolista italiano. Era o capitán do Torino e como os seus compañeiros de equipo, morreu no Desastre aéreo de Superga. Foi internacional coa selección italiana.
Remove ads
Remove ads
Xuventude
Á idade de dez anos, Mazzola salvou a vida de Andrea Bonomi, que máis tarde sería defensa do A.C. Milán, rescatándoo dun río no que estivo a piques de afogar.
O primeiro equipo no que xogou foi o da fábrica de Alfa Romeo en Milán, onde el traballaba antes da segunda guerra mundial. No ano 1939, Mazzola foi chamado a filas, ficando na cidade de Venecia por un tempo. Alí comezou a xogar no Venezia.
Remove ads
Carreira
A carreira de Mazzola comeza no Venezia, conseguindo no campionato de Copa en 1941 e un terceiro posto na liga ao ano seguinte.
O 5 de abril de 1942 debuta coa selección italiana anotando un gol. Pouco despois marchará ao Torino.
Co seu novo club gañou a liga de 1943. En 1946 repetiron éxito cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado, o Inter de Milán. Ao ano seguinte tamén se alzaron co título esta vez sacándolle 10 puntos á Juventus. En 1948 non só gañaron a liga de novo, con 16 puntos de vantaxe ao Milan, senón que o club lle deu á selección 10 dos 11 titulares que xogaron contra Hungría. Mazzola xogou 12 encontros con Italia.
Na tempada 1948-49, o Torino gañou o seu último título ata 1976.
En total Mazzola anotou 109 goles entre o Venezia e o Torino en 8 anos.
Remove ads
Familia
O seu primeiro fillo, Sandro Mazzola naceu o 8 de novembro de 1942 xusto ao chegar a Turín. Tamén chegaría a ser un grandísimo xogador tanto do Inter de Milán como da selección italiana.
Desastre
Mazzola e o resto dos seus compañeiros do equipo volvían de xogar un encontro en Lisboa cando, a causa do mal tempo, o avión onde viaxaban estrelouse na localidade italiana de Superga. Non sobreviviu ninguén, e o equipo do Torino pasou a ter un só xogador, o único que non foi a Portugal.
Citas
Sobre Mazzola
- “ El é a metade do equipo. A outra metade somos o resto de nós.” (Mario Rigamonti).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads