A vía do mevalonato ou vía da HMG-CoA redutase ou ruta mevalonato dependente ou vía isoprenoide, é unha importante vía metabólica celular presente en todos os eucariotas superiores e moitas bacterias. É importante para a produción de dimetilalil pirofosfato (DMAPP) e isopentenil pirofosfato (IPP), que serven como base para a biosíntese de moléculas utilizadas en procesos tan diversos como a síntese de terpenoides, prenilación de proteínas, mantemento das membranas celulares, síntese de hormonas, ancoramento de proteínas a lípidos, e N-glicosilación. Tamén é unha parte da biosíntese de esteroides.
Regulación e retroalimentación
Varios encimas chave poden ser activados por medio da regulación transcricional do ADN pola activación das SREBP (proteínas 1 e 2 de unión ao elemento regulatorio). Este sensor intracelular detecta os niveis baixos de colesterol e estimula a produción endóxena pola vía da HMG-CoA redutase (ou do mevalonato), e incrementando a captación de lipoproteína ao aumentar a formación do receptor de LDL. A regulación desta vía tamén se consegue controlando o grao de tradución do ARNm, degradación da redutase e fosforilación.
Farmacoloxía
Varios fármacos teñen como obxectivo a vía do mevalonato:
- Estatinas (usadas para facer decrecer os niveis de colesterol);
- Bisfosfonatos (usados para tratar varias doenzas dexenerativas dos ósos).
Vía alternativa
As plantas e protozoos apicomplexos como os produtores da malaria teñen a capacidade de producir os seus isoprenoides (terpenoides) utilizando unha vía alternativa adicional chamada vía non do mevalonato, vía alternativa á do mevalonato ou vía do metileritritol fosfato (MEP), que ten lugar nos plastos. Ademais, a maioría das bacterias incluíndo importantes patóxenos, como Mycobacterium tuberculosis, sintetízan IPP e DMAPP pola esta vía alternativa á do mevalonato.
Reaccións
Reacción | Diagrama | Encima |
O acetil-CoA (ciclo do ácido cítrico) sofre condensación con outra molécula de acetil-CoA catalizada pola acetil-CoA transferase, orixinando acetoacetil-CoA | tiolase | |
O acetil-CoA condensa con acetoacetil-CoA formando 3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA (HMG-CoA). | HMG-CoA sintase | |
O HMG-CoA é reducido a mevalonato polo NADPH. Esta reacción ten lugar no citosol. É o paso limitante da síntese de colesterol, e esta é a razón pola que o encima que cataliza esta reacción é o obxectivo das estatinas. | HMG-CoA redutase | |
O mevalonato transfórmase en 5-fosfomevalonato. | mevalonato quinase | |
O 5-fosfomevalonato convértese en 5-pirofosfomevalonato. | fosfomevalonato quinase | |
O mevalonato-5-pirofosfato dá lugar a 3-isopentenil pirofosfato (IPP). | mevalonato-5-pirofosfato descarboxilase | |
O 3-isopentenil pirofosfato é isomerizado a dimetilalil pirofosfato. | isopentenil pirofosfato isomerase |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.