Urbano VI, papa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Urbano VI, papa

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e finado en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Urbano VI, papa
Thumb
Biografía
Nacementoc. 1318
Nápoles, Italia
Morte15 de outubro de 1389 (70/71 anos)
Roma, Italia
Causa da mortemorte accidental, veleno
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas
202º Papa
8 de abril de 1378 – 15 de outubro de 1389
 Gregorio XIBonifacio IX 
Roman Catholic Archbishop of Bari (en)
1377 
 Niccolò Brancaccio (pt) Landolfo Maramaldo (en)  
Roman Catholic Archbishop of Acerenza (en)
21 de marzo de 1364 
 Giovanni Cortello (en)
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, sacerdote católico
EmpregadorUniversidade de Nápoles Frederico II

Descrito pola fonteObálky knih,
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Prignano-1
Pechar

Traxectoria

Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requiría con clamor un papa italiano, foi elixido por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses despois a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Gran Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.

As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dar pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para a guerra aberta.

O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido coa soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.

De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente coa intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.

Thumb
Tumba de Urbano VI, nas grutas vaticanas.

Para recoller fondos proclamou un Xubileu, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.

Sucedeuno Bonifacio IX.

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.