From Wikipedia, the free encyclopedia
A uroloxía é unha especialidade cirúrxica da medicina que estuda o sistema urinario de homes e mulleres e do sistema reprodutor dos homes. Os médicos que posúen especialización nesta área son os urolólogos, sendo adestrados para diagnosticar, tratar e acompañar ós pacientes con disturbios urolóxicos. Os órganos estudados polos urolólogos inclúen os riles, uréter, vexiga urinaria, uretra e os órganos do sistema reprodutor masculino (testículos, epidídimos, conduto deferente, vesículas seminais, próstata e pene). As glándulas adrenais acabaron entrando na especialidade debido ó aspecto cirúrxico das doenzas tumorais das suprarrenais. Cando ten indicación cirúrxica de tumor suprarrrenal o endócrino dirixe cara ó urólogo.[1]
Nos homes, o sistema urinario está integrado co sistema reprodutor, mentres que nas mulleres o sistema urinario ábrese na vulva. En ámbolos dous sexos, os sistemas urinario e reprodutor están próximos, o que fai que os problemas dun sistema xeralmente afecten ó outro. A uroloxía combina o acompañamento de condicións non-cirúrxicas como, por exemplo, infeccións do sistema urinario, e de condicións cirúrxicas, como a corrección de anomalías conxénitas e o tratamento cirúrxico de cancros.[2] Estas anomalías na rexión xenital son coñecidas como disturbios xeniturinarios.
A uroloxía está relacionada cos áreas médicas da nefroloxía, androloxía, xinecoloxía, proctoloxía e oncoloxía.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.