filme de 2006 dirixido por Carlos Iglesias. From Wikipedia, the free encyclopedia
Un franco, 14 pesetas é unha coprodución galega dirixida e protagonizada por Carlos Iglesias Serrano estreada o 5 de maio de 2006. A actriz galega Isabel Blanco é unha das súas protagonistas.
Un franco, 14 pesetas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Un franco, 14 pesetas |
Director | Carlos Iglesias Serrano |
Produtor | Susana Maceiras José Manuel Lorenzo |
Intérpretes | Carlos Iglesias Serrano Enrique Cazorla Isabel Blanco Nieve de Medina |
Música | Mario de Benito |
Fotografía | Tote Trenas |
Montaxe | Luisma del Valle |
Estrea | 2006 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Galicia, España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Ten a súa continuación e segunda parte en 2 francos, 40 pesetas, estreada o 28 de marzo de 2014.
España 1960. Dous amigos, Martín (Carlos Iglesias Serrano) e Marcos (Javier Gutiérrez), deciden marchar a Suíza en busca de traballo. Deixan ás súas familias en España e emprenden unha viaxe cara a unha nova vida na Europa do progreso e as liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente, á que deberán adaptarse traballando como mecánicos nunha fábrica e vivindo nunha pequena vila industrial. Coa chegada de Pilar (Nieve de Medina), a muller de Martín, co seu fillo Pablo, e de Mª Carmen, a noiva de Marcos, termínaselles a vida de homes solteiros que levaban nun país con tanta liberdade. O traballo segue sendo o día a día de Martín e Pilar, mentres o pequeno Pablo comeza a ir ao colexio e a integrarse. Coa morte do pai de Martín, chegan á conclusión de que o que foran a buscar xa o conseguiron e é hora de regresar. Para a súa sorpresa, será máis difícil a volta que a ida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.