numismático e literato alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Ulrich E. G. Schrock, nado o 4 de setembro de 1956 en Hannover, é un numismático e prolífico escritor alemán, autor de máis de medio milleiro de publicacións.
Ulrich E. G. Schrock en 2016 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1956 Hannover, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade de Gotinga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | autor |
Premios | |
(1979): Eligiuspreis (DNG). | |
Lista
|
Nacido en Hannover o 4 de setembro de 1956, U. E. G. Schrock pasou a súa infancia nas localidades de Bad Münder e Hamelin, na Baixa Saxonia. Logo da súa graduación en educación secundaria cursou estudos superiores de Alemán, Historia, Ciencias Políticas, Pedagoxía e Filosofía na Universidade de Gotinga, e en 1981 aprobou o exame estatal para o acceso á docencia de Alemán e de Ciencia Política.[1][2]
A partir dese momento, residindo en Weserbergland e en Cataluña, exerceu como escritor autónomo, alternando esta dedicación coa de profesor, numismático, axudante de investigación e empregado da Oficina Literaria da Baixa Saxonia, da que se converteu en director xeral en 1994, o que lle deu ocasión de se relacionar cos escritores alemáns máis destacados do momento.[1]
Como autor literario destacan os seus volumes de posesía baseada nos xogos de palabras, as súas escenas dramáticas e a súa prosa sarcástica, así como as súas novelas que entrelazan as historias persoais coa política.[2]
Como numismático, levou a cabo varias investigacións acerca da historia da moeda no norte de Alemaña, que deron lugar a un bo número de publicacións, e en 1979 foi galardoado co premio máis relevante dos outorgados pola Sociedade Numismática Alemá.[1]
Esta é unha escolma da ampla obra publicada por U. E. G. Schrock ao longo da súa traxectoria:[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.