equipo galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu en 2014 para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto, e no ano 2022 ascendeu á Terceira División RFEF.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Unión Deportiva Ourense | |
---|---|
Nome | Unión Deportiva Ourense |
Fundación | 2014 |
Estadio | Estadio do Couto (Ourense) |
Inauguración | 1949 |
Capacidade | 5.659 |
Presidente | Fernando Currás |
Adestrador | Borja Fernández Fernández |
Liga | 3ª – Grupo 1 |
2021–22 | 1º (Preferente – Grupo Sur) |
Vestimenta | Mercury |
Tras a desaparición do CD Ourense por mor da crise económica, os seareiros do equipo crearon a plataforma SOS CD Ourense. Decidiuse formar un novo equipo co nome de Unión Deportiva Ourense, e asinouse a acta fundacional o 10 de xullo de 2014.[1] Logo de se inscribir no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol, o club foi encadrado no grupo 13 da Terceira Autonómica de Galicia.
A Asociación de ex xogadores do CD Ourense asumiu a parcela deportiva do novo club. Antonio Dacosta foi nomeado adestrador do primeiro equipo, e Perfecto Rodríguez "Peluso" foi nomeado coordinador dos equipos base. Xogadores do CD Ourense xa retirados volveron aos campos para sacar adiante o proxecto, como Adolfo, José Ramón Dacosta, Santi ou Víctor Arias.
O primeiro encontro amigábel tivo lugar ante a Unión Deportiva Barbadás, de 3ª división, o 28 de agosto no campo dos Carrís. Venceron os locais por 5-0. O primeiro partido oficial foi o 31 de agosto, nun encontro da Copa Deputación B ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica no campo dos Remedios. Venceu a Unión Deportiva Ourense por 3-1, e Adolfo foi o autor do primeiro gol da historia do club.
No campionato de liga 2014-15 o equipo acadou o 1º posto, logrando o ascenso a Segunda Autonómica de Galicia. Os primeiros partidos do campionato tiveron lugar no Campo Miguel Ángel dos Remedios, e os seguintes xogáronse xa no Estadio do Couto, propiedade da Xunta de Galicia.
Tras dous ascensos consecutivos máis, o 27 de maio de 2018 conseguiu chegar a categoría nacional no derradeiro e decisivo partido da liga. A UD Ourense chegaba como líder e xogaba polo ascenso nun duelo directo no campo do Atios. No caso de perder, dependía do resultado do Porriño Industrial, que tamén obtivo unha vitoria. O partido acabou co empate inicial e a UD Ourense ascendeu. Militou durante tres tempadas na Terceira División, ata que en 2021 sufriu o primeiro descenso da súa historia, caendo de novo a Preferente.[2]
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2014/15 | 3ª Autonómica | 1º |
2015/16 | 2ª Autonómica | 1º |
2016/17 | 1ª Autonómica | 2º |
2017/18 | Preferente | 1º |
2018/19 | 3ª | 8º |
2019/20 | 3ª | 8º |
2020/21 | 3ª | 10º |
2021/22 | Preferente | 1º |
2022/23 | 3ª RFEF | 5º |
2023/24 | 3ª RFEF | 4º |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.