Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tuning é a modificación dun coche ao gusto persoal. Naceu nos Estados Unidos de América cando os mozos estadounidenses modificaban os seus coches para facer carreiras no deserto. Na actualidade o mundo do tuning evolucionou á vez que os coches teñen cada vez máis potencia. No tuning hai tres tipos de modificación: o tuning interior, tuning exterior e o tuning do motor que buscan unha personalización do coche, de maneira que pareza mellor, máis caro e que chame máis a atención, por un lado, e por outro, que sexa único na súa clase.
A orixe do tuning é imprecisa. Algunhas persoas atribúeno a Europa, concretamente en Alemaña entre 1960 e 1970. Outras indican que certas tendencias de modificación do automóbil como os "lowrider" comezáronse a popularizar en EUA durante os anos cincuenta. Cítanse aos Hot Rods e ó movemento xurdido en California logo da Gran Depresión dos anos trinta.
Consiste na aplicación de varias modificacións aos diversos elementos e compoñentes do interior do vehículo, ou tamén, o cambio de pezas por unhas novas. Pódense observar interiores de automóbiles con cores vistosas, pezas de gran calidade, tapicerías para o volante, volantes deportivos, tapicería de teito ou dos asentos, variacions no pomo, incremento da calidade do equipo de son etc.
Require un maior esforzo e algo máis de práctica. Inclúe modificacións nos aleróns, os parachoques, a iluminación etc.
Este artigo sobre moda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.