Tudanca
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tudanca é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado na zona occidental da comunidade a 96 quilómetros da capital, Santander.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Tudanca (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 155 (2023) (1,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 86,5 km² | ||||
Altitude | 450 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Grande Martínez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39... | ||||
Código INE | 39089 | ||||
Páxina web | aytotudanca.es |
Tudanca atópase no val do Nansa, polo que pertence á comarca de Saja-Nansa. A súa altitude máxima é de 1.815 metros e, a mínima de 244 metros. Tudanca é tamén un dos núcleos de poboación que compoñen o municipio. É o máis poboado e atópase a 3,3 km ao sur de Santotís, a capital municipal. Limita polo norte con Rionansa, polo sur con Polaciones, polo leste con Cabuérniga e a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e polo oeste con Rionansa e Polaciones
Un 38,2% da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 15,8% na construción, un 10,5% na industria e un 35,5% no sector servizos. Conta cunha taxa de actividade do 41,6% e unha taxa de paro do 17,4%. Predomina polo tanto o sector primario.
Todo o casco do pobo de Tudanca está declarado ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
756 | 792 | 766 | 1.044 | 932 | 1.188 | 832 | 646 | 430 | 357 | 269 | 215 |
Fonte: INE
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.