Tronco de cono
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tronco de cono, cono truncado ou tronco de Garófalo é un volume de revolución xerado por un trapecio rectángulo ao tomar como eixe de xiro o lado perpendicular ás bases.



Un tronco de cono recto, de bases paralelas, é a porción de cono comprendido entre dous planos que cortan o cono e son perpendiculares ao seu eixe. Queda determinado polos radios das bases, e , a altura, , e a xeratriz, , entre os cales se cumpre a relación do teorema de Pitágoras:
A área lateral dun tronco de cono pódese calcular mediante a semisuma dos perímetros das bases, pola xeratriz:
A área dun tronco de cono, a cal é a área lateral máis a área das bases superior e inferior, pódese calcular mediante a fórmula:
O volume dun tronco de cono pódese calcular utilizando o produto entre a altura do tronco e a media heroniana da área das bases:
Véxase tamén
Outros artigos
- Tronco (xeometría)
- Tronco de pirámide
- Media heroniana
Ligazóns externas
- Weisstein, Eric W. «Tronco de cono» (en inglés). MathWorld. Wolfram Research.
- Derivation of formula for the volume of frustums of pyramid and cone (Mathalino.com)
- Problema práctico sobre o volume dun tronco de cono elíptico (en castelán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.