O Tramvia Blau é un tranvía da parte alta da cidade de Barcelona xestionado por TMB, que une a estación de Avinguda Tibidabo, que é cabeceira da liña L7 de FGC co pé do Funicular do Tibidabo.
Foi inaugurado en 1901. Posteriormente sufriu remodelacións os anos 1922 e 1958.
Ata a inauguración do Trambaix era a única liña de tranvía que se conservou en toda Barcelona (despois de que na maior parte da cidade fosen substituídos por autobuses durante as décadas dos 60 e 70). Ademais ten unha función máis ben turística, por iso non está integrado e ten unha tarifa especial.
Características técnicas
- Data de inauguración: 29 de outubro de 1901
- Lonxitude da liña: 1.130 metros
- Altitude estación inferior: 226 metros
- Altitude estación superior: 501 metros
- Desnivel: 275 metros
- Pendente máxima: 25,7%
- Vehículos: 6
- Capacidade dos vehículos: 113 persoas
- Capacidade de transporte (nun só sentido): 1.356 persoas/hora
- Velocidade: 4,1 m/s (14 km/h)
- Diámetro do cable: 38 mm
- Ancho de vía: 1.435 mm
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tramvia Blau |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.