Torpedo é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, o tipo da familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,[2] estrugas,[3] ortigas,[4] ou raias eléctricas,[5]
Máis información Clasificación científica, Especies ...
Pechar
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[6]
A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[7]
A situación taxonómica do xénero Torpedo é controvertida. Para algúns autores sería o único da familia dos torpedínidos, mentres que a maioría consideran que esta comprende, además de Torpedo, o xénero Tetronarce. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Tetronarce).
As principais características das especies do xénero Torpedo son as seguintes:[1]
- Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel.
- A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal.
- Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
- As femias son ovovivíparas.
Etimoloxía
O nome do xénero, Torpedo, deriva do verbo latino torpere , 'agarrotarse', 'quedar paralizado', facendo referencia ao efecto que producen estes animais en alguén que os manipula ou os pisa cando están vivos.
Sinonimia
O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
- Segundo o ITIS:[8]
- Eunarce Fowler, 1910
- Fimbriotorpedo Fritsch, 1884
- Segundo o WoRMS:[10]
- Narcacion Gill (ex Klein), 1861
- Narcacion Klein, 1776
- Narcacion Bleeker (ex Klein), 1865
- Narcobatus Blainville, 1816
- Notastrape Whitley, 1932
- Tetronarcine Tanaka, 1908
- Torpedo Duméril, 1806
Clasificación
Algúns autores consideran que este xénero comprende dous subxéneros:[10]
- Torpedo (Tetronarce), coa especie:
- Torpedo (Tetronarce) nobiliana Bonaparte, 1835, representada como Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835, e aceptada actualmente como Tetronarce nobiliana (Bonaparte, 1835).
- Torpedo (Torpedo), coas especies:
- Torpedo (Torpedo) marmorata Risso, 1810, aceptada como Torpedo marmorata Risso, 1810.
- Torpedo (Torpedo) torpedo (Linnaeus, 1758), aceptada como Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758).
Porén, na actualidade, a maioría dos autores consideran o subxénero Tetronarce como un xénero independente.
Especies
En canto ás especies, segundo o WoRMS,[10] e a FishBase,[1] o xénero comprende as seguintes especies:
- Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002
- Torpedo alexandrinsis Mazhar, 1987
- Torpedo andersoni Bullis, 1962
- Torpedo bauchotae Cadenat, Capapé & Desoutter, 1978
- Torpedo californica Ayres, 1855
- Torpedo fairchildi Hutton, 1872
- Torpedo formosa Haas & Ebert, 2006
- Torpedo fuscomaculata Peters, 1855
- Torpedo mackayana Metzelaar, 1919
- Torpedo macneilli (Whitley, 1932)
- Torpedo marmorata Risso, 1810
- Torpedo microdiscus Parin & Kotlyar, 1985
- Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835
- Torpedo panthera Olfers, 1831
- Torpedo peruana Chirichigno F., 1963
- Torpedo puelcha Lahille, 1926
- Torpedo semipelagica Parin & Kotlyar, 1985
- Torpedo sinuspersici Olfers, 1831
- Torpedo suessii Steindachner, 1898
- Torpedo tokionis (Tanaka, 1908)
- Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758)
- Torpedo tremens de Buen, 1959
Segundo o ITIS:[8]
- Torpedo adenensis Carvalho, Stehmann & Manilo, 2002
- Torpedo andersoni Bullis, 1962
- Torpedo bauchotae Cadenat, Capape & Desoutter, 1978
- Torpedo californica Ayres, 1855
- Torpedo fuscomaculata Peters, 1855
- Torpedo mackayana Metzelaar, 1919
- Torpedo macneilli (Whitley, 1932)
- Torpedo marmorata Risso, 1810
- Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835
- Torpedo panthera Olfers, 1831
- Torpedo peruana Chirichigno F., 1963
- Torpedo sinuspersici Olfers, 1831
- Torpedo tokionis (Tanaka, 1908)
- Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758)
- Torpedo tremens de Buen, 1959
Torpedo fuscomaculata
Torpedo panthera
Torpedo torpedo
ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
Bibliografía
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.