Tom Wolfe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tom Wolfe

Thomas Kennerly Wolfe Jr., nado en Richmond (Virxinia) o 2 de marzo de 1931 e finado en Nova York o 15 de maio de 2018, foi un escritor e xornalista estadounidense, considerado o pai do chamado novo xornalismo.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Tom Wolfe
Thumb
(2004)
Nome orixinal(en) Tom Wolfe
(und) Tom Wolfe
Biografía
Nacemento(en) Thomas Kennerly Wolfe Jr.
2 de marzo de 1930
Richmond, Estados Unidos de América
Morte14 de maio de 2018 (88 anos)
Nova York, Estados Unidos de América
Lugar de sepulturaCemitério Hollywood (pt)
ResidenciaNova York (1962–)
Virxinia (–década de 1950)
RelixiónAteísmo
EducaciónSt. Christopher's School (en) (–1949)
Washington and Lee University (en)
Universidade Yale
Actividade
Campo de traballoLiteratura e xornalismo de opinión
Lugar de traballo Washington, D.C. (1959–1962)
Nova York
Ocupaciónxornalista, escritor de non ficción, guionista, escritor, ensaísta, novelista, reporteiro, prosista
Período de actividade1965 -
Partido políticoPartido Republicano
Membro de
MovementoJornalismo literário (pt)
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAlexandra Wolfe
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вулф Томас Клейтон)
Obálky knih,
Sitio webtomwolfe.com
Allocine: 59379
Dialnet: 194770 WikiTree: Wolfe-4917
Pechar

Traxectoria

Fillo dun agrónomo e dunha deseñadora, estudou literatura e xornalismo na Universidade Washington and Lee tras rexeitar a oferta de ingresar na Universidade de Princeton. Tras graduarse en 1952 intentou dedicarse ao béisbol, mais desistiu ao declararse sen condicións para iso. Nos seus inicios colaborou en The Washington Post, Enquirer e New York Herald.

Afirmaba que o seu obxectivo como escritor de ficción era retratar a sociedade contemporánea de acordo ao realismo, seguindo a tradición literaria de John Steinbeck, Charles Dickens e Emile Zola, empregando técnicas adoptadas do xornalismo. De feito, as primeiras obras de Wolfe consistían en ensaios críticos e ata 1987 non escribiu a súa primeira novela, The Bonfire of the Vanities. Respecto a esta novela e a A Man in Full comentou que ambas afirmaban a necesidade de novelas que xurdan do realismo, e no seu caso, as súas propias raíces proviñan dunha procura coidadosa ou da reportaxe, dando importancia ao ambiente social das súas personaxes como como medio para explicar as súas ideas e condutas, explorando os temas do sexo, a raza, o diñeiro e a ideoloxía como elementos divisorios e ao mesmo tempo integradores da sociedade estadounidense.

A obra de Wolfe pasou por varias etapas marcada nos anos sesenta por unha defensa da chamada cultura pop e nas décadas seguintes por radicais polémicas contra o narcisismo dos anos oitenta e atacando politicamente os liberais, así como cuestionando o mainstream intelectual estadounidense en aspectos como a arquitectura, a arte moderna ou a propia literatura. En 2001 recibiu a National Humanities Medal.

Wolfe declarouse ateo e no ano 20017 afirmou que nas eleccións presidenciais de 2004 votara pola reelección do presidente George W. Bush, de quen se manifestou admirador. Un dos seus costumes característicos era aparecer sempre vestido cun traxe de cor branca nas súas aparicións públicas.

Obra

Novela

  • The Bonfire of the Vanities (1987)
  • A Man in Full (1998)
  • I Am Charlotte Simmons (2004)
  • Back to Blood (2012)

Non ficción

  • The Kandy-Kolored Tangerine-Flake Streamline Baby (1965)
  • The Electric Kool-Aid Acid Test (1968)
  • The Pump House Gang (1968)
  • Radical Chic & Mau-Mauing the Flak Catchers (1970)
  • The New Journalism (1973)
  • The Painted Word (1975)
  • Mauve Gloves & Madmen, Clutter & Vine (1976)
  • The Right Stuff (1979)
  • In Our Time (1980)
  • From Bauhaus to Our House (1981)
  • The Purple Decades (1982)
  • Hooking Up (2000)
  • The Kingdom of Speech (2016)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.