Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tinguidura de Giemsa é un método habitual para o exame de frotis sanguíneos, cortes histolóxicos e outro tipo de mostras biolóxicas. Este método ten utilidade sobre todo para manifesta-las rickettsias localizadas dentro da célula hóspede. A coloración Giemsa emprégase tamén para tinguir frotis de sangue no exame para protozoos, aínda que tamén se poden empregar outras coloracións como é a técnica de citoconcentración para parasitos sanguíneos, a cal ten un baixo custo e ofrece a posibilidade de illar e identificar no mesmo sedimento o parasito principal, con excepción dos trofozoitos máis novos e o Plasmodium falciparum. Tamén se emprega a modificación de Wright.
Estes organismos adquiren unha coloración diferencial e vense dentro do citoplasma da célula hóspede. A técnica de Giemsa está formada por varios colorantes: as tinturas neutras empregadas combinan o azul de metileno como tintura básica e a eosina como tintura ácida, o que dá unha ampla gama de cores; o azul de metileno é un colorante metacromático, de aí que moitas estruturas se tingan de púrpura e non de azul. O pH da solución de coloración é crítico e débese axustar idealmente de acordo a diversos fixadores. A gama do pH debe estar entre 6.4 e 6.9.
Para mostras histolóxicas, os mellores resultados obtéñense en mostras fixadas con formol, incluídas en parafina e cortadas entre 3 e 6 microns.
Os resultados obtidos son os seguintes:
Esta técnica presenta multitude de variantes, pero as diferenzas baséanse no emprego ou non de diferenciador, o tempo de permanencia do colorante, o uso de alcohois en diferente graduación etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.