From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Ashe ou Tómas Ágas (en irlandés), nado en Lispole, condado de Kerry (Irlanda) o 12 de xaneiro de 1885 e finado en Dublín o 25 de setembro de 1917, foi un revolucionario irlandés.
Nome orixinal | (ga) Tomás Ághas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1885 Lispole, Irlanda (en) |
Morte | 25 de setembro de 1917 (32 anos) Dublín, Irlanda |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Glasnevin |
Educación | De La Salle College Waterford (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Outro | |
Irmáns | Nora Ashe |
Condenado por | Sedición (1917) |
Ashe era mestre de escola, membro da Asociación Atlética Gaélica (GAA) e da Liga Gaélica, máis tarde ingresou na Irmandade Republicana Irlandesa, onde fixo amizade con John Devoy, Roger Casement e Joe Mac Garrity. Durante o Alzamento de Pascua de 1916 dirixiu o V Batallón da Brigada de Dublín dos Voluntarios Irlandeses e se enfrontou aos RIC en Ashbourne (condado de Meath), provocando oito mortos e cinco feridos ata que se rendeu por orde de Patrick Pearse. Xunto con Éamon de Valera foi condenado a morte, mais finalmente sería condenado a cadea perpetua en Lewes (Inglaterra).
No verán de 1917 foi liberado, mais foi arrestado novamente por facer discursos independentistas. Prisioneiro na prisión de Mountjoy (Dublín), fixo unha folga de fame ata a morte en demanda do estatuto de prisioneiro político.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.