Sospeitosos habituais (en inglés: The Usual Suspects) é un filme estadounidense de 1995 escrito por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixido por Bryan Singer. Está protagonizado por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.
Sospeitosos habituais | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Usual Suspects |
Director | Bryan Singer |
Produtor | Bryan Singer |
Guión | Christopher McQuarrie |
Intérpretes | Stephen Baldwin, Gabriel Byrne, Benicio del Toro, Kevin Pollak, Kevin Spacey, Chazz Palminteri |
Música | John Ottman |
Fotografía | Newton Thomas Sigel |
Montaxe | John Ottman |
Distribuidora | Spelling Films International |
Estrea | 1995 |
Duración | 105 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción / Suspense / Misterio |
Na rede | |
Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibido nas salas de cinema durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractivo para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estrea seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».
Sinopse
Roger «Verbal» Kint (Spacey) é un pequeno estafador tolleito que está sendo interrogado pola policía dos Ánxeles, e vaille contando ao seu interrogador, o axente Kujan (Chazz Palminteri), unha historia sobre os acontecementos que desencadearon un tiroteo e un masacre dentro dun barco apostado no porto dos Ánxeles. Usando a narración en retrospectiva, a historia de «Verbal» vai sendo cada vez máis complexa, aclarándolle os feitos ao axente, que está interesado en saber por que el e os seus compañeiros estaban nese barco.
Elenco
- Kevin Spacey — Roger Verbal Kint
- Benicio del Toro — Fred Fenster
- Stephen Baldwin — Michael McManus
- Gabriel Byrne — Dean Keaton
- Kevin Pollak — Todd Hockney
- Chazz Palminteri — Dave Kujan
- Pete Postlethwaite — Kobayashi
- Suzy Amis — Edie Finneran
- Giancarlo Esposito — Jack Baer
- Dan Hedaya — Jeff Rabin
- Christine Estabook — dra. Plummer
Galardóns
Data | Premio | Categoría | Receptor(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Marzo de 1996 | Premios Óscar [1] | Mellor actor secundario | Kevin Spacey | Gañador |
Mellor guión orixinal | Christopher McQuarrie | Gañador | ||
Xuño de 1996 | Premios Saturn[2] | Mellor película de acción / aventuras | Gañadora | |
Mellor director | Bryan Singer | Nomeado | ||
Mellor música | John Ottman | Gañador | ||
Abril de 1996 | Premios BAFTA[3] | Mellor película | Bryan Singer, Michael McDonnell | Nomeado |
Mellor guión orixinal | Christopher McQuarrie | Gañador | ||
Mellor montaxe | John Ottman | Gañador | ||
Decembro de 1995 | Boston Society of Film Critics[4] | Mellor actor secundario | Kevin Spacey | Gañador |
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.