The Divine Comedy é un grupo de rock alternativo orixinario de Irlanda do Norte e formado en 1988. A banda está liderada por Neil Hannon, compositor, cantante, guitarrista, pianista e único membro estábel do proxecto, aínda que co andar dos anos pasasen por el unha longa listaxe de músicos.
The Divine Comedy | |
---|---|
Orixe | Enniskillen, Irlanda do Norte |
Período | 1989 - presente |
Xénero(s) | baroque pop, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Setanta, Parlophone, Divine Comedy Records |
Na rede | |
thedivinecomedy.com | |
Traxectoria
A súa música combina influencias de grupos como The Smiths ou Electric Light Orchestra coa tradición crooner de Scott Walker, Jacques Brel e o pop barroco de The Beach Boys ou Burt Bacharach. Do mesmo xeito, a variada instrumentación e os arranxos orquestais das súas cancións tamén toman como referencia a música de compositores como Ravel, Stravinsky, John Barry, Michael Nyman ou Philip Glass.[Cómpre referencia] Malia estas influencias, o grupo foi criticado en ocasións por publicar como discos sinxelos as súas cancións máis orientadas ao easy listening.
As letras de Neil Hannon caracterízanse por retratar ironicamente a vida moderna e por incluíren referencias ao amor, o sexo ou a vinganza.
Discografía
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Fanfare for the Comic Muse | 1990 | Setanta |
Liberation | 1993 | Setanta |
Promenade | 1994 | Setanta |
Casanova | 1996 | Setanta |
A Short Album About Love | 1997 | Setanta |
Fin de Siècle | 1998 | Setanta |
Regeneration | 2001 | Parlophone/EMI |
Absent Friends | 2004 | Parlophone/EMI |
Victory for the Comic Muse | 2006 | Parlophone |
Bang Goes the Knighthood | 2010 | DC Records |
Foreverland | 2016 | DC Records |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.