The Cars

From Wikipedia, the free encyclopedia

The Cars
Remove ads

The Cars é unha banda estadounidense de rock aparecida nos comezos da escena da música New Wave a finais dos anos 70. Fundárona o vocalista e guitarrista Ric Ocasek, o vocalista e baixista Benjamin Orr, o guitarrista Elliot Easton, o teclista Greg Hawkes e o batería David Robinson. O grupo é orixinario de Boston, Massachusetts, e asinaron con Elektra Records en 1977.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

The Cars estiveron na vangarda da fusión do rock guitarreiro co pop baseado en sintetizadores que xurdiu nos 70 e comezou a facerse popular a comezos dos anos 80. The Cars comezaron con forza co seu álbum de estrea The Cars, que chegou a ser platino a finais de 1978 e foi chamado unha "obra mestra xenuína" por allmusic. A canción máis exitosa e coñecida do álbum probablemente sexa "Just What I Needed", que comezou sendo unha demo en 1977. O tema foi enviado nunha cinta a un DJ local da zona de Boston, que a pinchou con frecuencia na súa emisora. Rapidamente chamou a atención de varios DJs e este feito permitiulle á banda asinar un contrato con Elektra Records ese mesmo ano. Robert Palmer, crñitico musical para The New York Times e Rolling Stone, describiu o seu estilo musical dicindo: "colleron algunhas tendencias importantes pero disparatadas do minimalismo punk contemporáneo, as texturas labirínticas de sintetizador e guitarra do art rock, o revivalismo do rockabilly dos 50 e laconismo melódico do powerpop, remexido todo iso nunha persoal e atractiva mestura.

A banda separouse no ano 1988, e Ocasek nunca quixo falar dunha reunión dende entón. No ano 2005, Easton e Hawkes uníronse a Todd Rundgren para formar The New Cars, que interpretou temas clásicos de The Cars e de Rundgren xunto con material novo. O 21 de outubro do 2010, The Cars confirmou que se reuniran novamente e estaban gravando o seu primeiro álbum en 24 anos. Greg Hawkes ocupou o posto do baixista Benjamin Orr, que morreu no ano 2000.

Remove ads

Discografía

  • The Cars - 1978 (Elektra)
  • Candy-O - 1979 (Elektra)
  • Panorama - 1980 (Elektra)
  • Shake It Up - 1981 (Elektra)
  • Heartbeat City - 1984 (Elektra)
  • Door to Door - 1987 (Elektra)
  • Move Like This - 2011 (Hear Music/Concord Music Group)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads