En Botánica, a testa é a máis externa das dúas camadas que constitúen o episperma ou tegumento que arrodea a semente das plantas espermatófitas. A camada máis interna denomínase tegme. A testa deriva dun dos tegumentos do óvulo: a primina. A testa é usualmente de consistencia dura e resistente. A súa función é a de protexer a semente da contorna. Algunhas semenetes forman proxeccións da testa que favorecen a absorción de auga no intre da xerminación ou que actúan coma protección suplementaria. En case todas as sementes, o micrópilo a través do cal penetrara o tubo polínico no óvulo, persiste en forma dun pequeno buraco da testa. Nas anxiospermas, un funículo une a semente á placenta polo interior da parede do froito. Ao retirar a semente fica unha cicatriz miúda ou fío que sinala o punto de inserción do funículo.[1] Nalgunhas ximnospermas, coma o Ginkgo e os Cycas, a testa das sementes presenta unha consistencia mol e carnosa e se denomina «sarcotesta», e , envolvendo o endosperma co embrión, a máis interna chamada «sclerotesta». A sarcotesta pode estar vascularizada e presentar óleos ou botar cheiros a ácido butírico, coma no caso do Ginkgo biloba.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.