Teresina
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Teresina é a capital do estado brasileiro do Piauí. Sitúase xunto ás marxes dos ríos Parnaíba e Poti, sendo a única capital de estado do Nordeste brasileiro que non está no litoral. É veciña, na outra marxe do Parnaíba, da cidade de Timon, no Maranhão.
Himno | Hino do município de Teresina (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Piauí | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 868.075 (2020) (628,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.381,981 km² | ||||
Altitude | 101 m-87 m | ||||
Comparte fronteira con | União (pt) Altos (pt) Nazária (pt) Caxias (pt) Monsenhor Gil (pt) Palmeirais (pt) José de Freitas (pt) Curralinhos (pt) Lagoa do Piauí (pt) Timon Demerval Lobão (pt) Pau-d'Arco do Piauí (pt) | ||||
Creación | 1852 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | José Pessoa Leal (pt) (2021–2024) | ||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Teresina (pt) , (Escano: 29) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 64000-000 | ||||
Prefixo telefónico | 086 | ||||
Código de concello do Brasil | 2211001 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | teresina.pi.gov.br |
A temperatura media anual é de 28 °C, con máximas anuais que poden pasar dos 38 °C.
A cidade ten unha das mellores redes hospitalares do nordeste do Brasil [Cómpre referencia], e recibe pacientes doutras cidades e ata dos estados veciños (Ceará e Maranhão) que alí buscan tratamentos de saúde. Segundo as estatísticas da Prefeitura da cidade, hai 634 empresas de saúde na cidade, sendo 8 hospitais, empregando no total 15 mil persoas.
Outras actividades económicas importantes son a industria (medicamentos, produtos de hixiene, cerámica, téxtiles, construción civil, o comercio e os servizos, e o turismo. Esta última actividade medrou grazas ó turismo de negocios e á descuberta polos visitantes do sueste e do sur do Brasil dos atractivos turísticos do estado do Piauí, como o Parque Nacional de Sete Cidades e as dunas de area do delta do río Parnaíba. Como Teresina ten mellor infraestrutura hoteleira, funciona como escala nestas visitas.
Pero a pesar da importancia de Teresina, a cidade aínda é a capital dun dos estados máis pobres da federación brasileira, e as principais estradas que ligan a cidade co Sur do Brasil, con Recife e con Brasilia están en precaria conservación.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresina |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.