Río Ter

From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Termap

O río Ter é un curso fluvial catalán, que desemboca no mar Mediterráneo despois dun curso de 208 km.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Río Ter
(ca) Ter
Imaxe
Tipocurso de auga
río principal
Inicio
División administrativaRipollès, España, Osona, España, Selva, España, Gironès, España e Baix Empordà, España
LocalizaciónUlldeter (en)
Final
LocalizaciónMar Mediterráneo
 42°25′40″N 2°15′24″L
B 42°01′16″N 3°11′42″L
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Ter
Características
Dimensións208 () km
Superficie da cunca hidrográfica3.010 km²
Medicións
Caudal25 m³/s

Sitio webconsorcidelter.cat
Pechar

Percorrido

O Ter nace en Ulldeter, nos Pireneos, a uns 2.300 metros de altitude, ao pé dun antigo circo glaciar que delimitan cimas relativamente próximas aos 3.000 metros, como o Bastiments, o Gra de Fajol ou o Pic de la Dona. As súas augas transcorren polas comarcas do Ripollès, Osona, a Selva, o Gironès e o Baix Empordà, até desembocar no mar Mediterráneo en L'Estartit. O seu curso totaliza 208 km, cunha conca de drenaxe de cerca de 3.010 km², descrita como unha conca exorreica cunha distribución claramente dendrítica. A súa achega media anual atinxe un volume de 840 hm³, con valores medios de descarga na desembocadura de 25 m³/s.

Réxime hidrolóxico

A pesar de nacer nos Pireneos, o río Ter recibe unha forte influencia dos regueiros das chairas do curso medio e baixo e, por este motivo, compórtase como un río de réxime intermedio, é dicir, presenta crecidas tanto na primavera como en outono.

Afluentes

Entre os principais tributarios do Ter cóntanse:

  • pola dereita: Freser (con dous subafluentes pola súa beira dereita: río Núria e río Rigard), Gurri, Riera de Osor, Güell e Onyar.
  • pola esquerda: Ritort, Brugent, Riera de Llémena e Terri.

Encoros

Na conca do Ter hai varias presas:

  • Sau.
  • Susqueda.
  • Encoro do Pasteral.
  • Encoro de Colomers.
  • Encoro de Seva (no río Gurri).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.