Teoría da comunicación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A teoría da comunicación é a parte das ciencias sociais que se encarga de estudar os procesos humanos de comunicación; é dicir, aqueles en que ocorre un intercambio de ideas. Ten a súa raíz na palabra latina communicare, que significa poñer en común.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
De acordo á forma en que tales procesos de comunicación ocorren, é posible falar de comunicación directa ou interpersoal (conversación presencial, mitin político), e aquela que ocorre a través dalgún medio como o correo (postal ou electrónico) o teléfono etc., nos que a comunicación se dá de xeito interpersoal; ou ben, por medio dalgún sistema masivo, como a radio, televisión, medios impresos, cine e Internet (nalgunhas das súas modalidades como o webcast, a web etc).
Se a comunicación se dá de tal xeito que haxa un fluxo de información continuo e en tempo real, fálase de comunicación sincrónica ou síncrona. Polo contrario, cando estes fluxos de información ocorren temporalmente espazados (como co correo), fálase dun xeito de comunicación non sincrónica, ou asincrónica (asíncrona).
Esta nova disciplina parte da socioloxía, a que lle achega as bases metodolóxicas para os primeiros estudos levados a cabo de xeito sistemático a principios do século XX, cando se da a masificación da radio, o primeiro medio masivo electrónico de comunicación.
Aínda que é posible falar xa de Comunicación masiva dende a invención da imprenta de Gutenberg, non é senón ata a década de 1920 cando se levan a cabo os primeiros estudos sobre a influencia da propaganda no contexto da Europa da preguerra, co ascenso dos réximes fascistas de Alemaña e Italia. Anterior a esta primeira etapa da disciplina, hai que remitirse ata os clásicos gregos. Aristóteles en varias ocasións abordou o tema da comunicación, aínda que sen conseguir detonar a fundación dunha escola dedicada de xeito particular a esta disciplina.
As ciencias da 'comunicación abranguen unha gran varidade de especialidades, entre as que destacan, entre outras: comunicación masiva, periodismo, relacións públicas, comunicación organizacional.
O obxecto de estudo das ciencias da comunicación, os procesos e fenómenos de comunicación, a miúdo é tamén abordado por parte doutras disciplinas, entre as que é posible mencionar a lingüística, a socioloxía, a antropoloxía social, a cibernética e a psicoloxía.
Entre as principais escolas ou correntes teóricas destacan:
Funcionalismo: unha das primeiras correntes que xurdiron nesta disciplina, e que busca estudar as formas en que un determinado mensaxe produce un efecto sobre a audiencia (estímulo-resposta). O clásico modelo da “agulla hipodérmica” pertence a esta escola, os postulados da que xa foron superados. Pódese situar cronoloxicamente arredor dos primeiros 30 anos do século XX.
A Escola de Frankfurt: Corrente crítica con base na teoría marxista, que se basea na crenza de que as formas simbólicas (ou mensaxes) xeradas pola industria cultural teñen como principal finalidade reproducir e perpetuar os modelos de dominación capitalista. Xorde en contraposición ó Funcionalismo, arredor da década de 1930.
Estudos culturais: Corrente contemporánea que busca analizar os procesos de comunicación dende unha perspectiva integral, tomando en conta ós emisores, receptores e ó contexto en que se producen os fenómenos de comunicación. Os teóricos desta corrente sosteñen que ó recibirse unha mensaxe, o receptor pode facer tres lecturas ou interpretacións da mesma:
- dominante (reproducindo os valores do emisor),
- negociada (aceptando algúns aspectos pero rexeitando outros)
- de negación (rexeitando totalmente o contido da mensaxe recibida).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.