Remove ads

A tempada 1947-48 da BAA foi a segunda edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. Nesta tempada fixéronse co título os Baltimore Bullets, vencendo nas finais ós campións do primeiro ano, os Philadelphia Warriors.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Modelo:Competición deportivaTempada 1947-48 da BAA
TipoNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1948-1949 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo12 de novembro de 1947 – 21 de abril de 1948 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoBaltimore Bullets (original) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Puntos por partidoMax Zaslofsky (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Pechar

Antecedentes

Antes de comezar a 2ª tempada da BAA, o 1 de xullo de 1947 celebrouse en Detroit o primeiro Draft da historia. Nel os equipos puideron facer as súas eleccións de xogadores en orde inverso ó porcentaxe de vitorias na tempada pasada, deixándolle ós Bullets a 10ª e última vez da primeira rolda. Neste draft participaron equipos que logo non disputaron a liga, como é o caso de Pittsburgh Ironmen e Toronto Huskies, que tiveron as dúas primeiras veces para elixir. O nº1 do draft foi Clifton McNeely, que nunca chegou a xogar na BAA ou NBA. En xeral, ningunha das primeiras eleccións chegou a converterse en estrela; pero si houbo un xogador neste draft, elixido dos últimos, que acabaría sendo membro do Salón da Fama, como foi o caso de Jim Pollard, elixido polos Chicago Stags. Outros futuros membros do Salón da Fama que saíron deste draft foron Harry Gallatin, elixido polos Baltimore Bullets, e Andy Phillip, elixido polos Chicago Stags. Unha curiosidade é que o xogador que foi elixido no número 4 deste draft, Walt Dropo, non só non xogou nunca na NBA, senón que remataría xogando durante 13 anos como profesional na Mayor League Baseball no posto de 1ªBase.

Remove ads

Equipos

A liga contou nesta ocasión con 8 equipos trala desaparición de 4 das 11 franquías orixinais: Cleveland Rebels, Detroit Falcons, Pittsburgh Ironmen e Toronto Huskies. Non obstante, os Baltimore Bullets uníronse á liga abandonando a ABL, facendo así que as dúas división puidesen ter o mesmo número de equipos. Os Baltimore Bullets viñan de disputar 3 finais seguidas da ABL, polo tanto non era un equipo novo, senón un equipo de gran nivel.

Thumb
O desaparecido St.Louis Arena, alcumado The Barn, era o fogar dos Bombers, o mellor equipo da tempada regular.
Máis información Equipo, Cidade ...
Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Baltimore BulletsBaltimoreBaltimore Coliseum5.500
New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.500
Boston CelticsBostonBoston Garden14.900
Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.500
Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500
Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.300
Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.600
Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.200
Pechar
Remove ads

Tempada regular

A tempada regular amosou unha salientable igualdade entre tódolos equipos da División Oeste e dous equipos da División Leste. Os Saint Louis Bombers acadaron a mellor porcentaxe de vitorias. Nesta tempada cada equipo tivo que disputar 48 encontros antes do comezo dos playoffs, ós que se clasificaron os 3 primeiros equipos de cada división.

Máis información Equipo, Vitorias ...
Pechar

Playoffs

Remove ads

Estatísticas

Max Zaslofsky foi nesta ocasión o líder de anotación da liga con 1.007 puntos anotados (21'0 por encontro), por diante de Joe Fulks con 949 puntos, quen non obstante tivo por segundo ano seguido a maior media de anotación, con 22'1 puntos por encontro. O terceiro posto na táboa de anotadores foi para Ed Sadowski con 910 puntos (19'4 por encontro).

Líderes

As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:

Máis información Categoría, Xogador ...
CategoríaXogadorEquipoValor
Líder de anotaciónMax ZaslofskyChicago Stags1.007
Líder de asistenciasHoward DallmarPhiladelphia Warriors120
Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campoBob FeerickWashington Capitols34'4%
Líder na porcentaxe de acerto en tiros libresBob FeerickWashington Capitols78'8%
Pechar

Equipos ideais

Max Zaslofsky, Joe Fulks e Bob Feerick foron elixidos por segundo ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA. Por outra banda, como curiosidade, Buddy Jeannette, o adestrador e base titular dos campións Baltimore Bullets foi ademais elixido no segundo quinteto ideal.

Máis información Posición, Xogador ...
Pechar
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads