From Wikipedia, the free encyclopedia
Television é unha banda estadounidense formada en Nova York en 1973. A pesar de que a banda nunca tivo máis que un público de culto no seu país de orixe, acadaron un significante éxito comercial en Europa. Hoxe son amplamente recoñecidos como un dos fundadores, e unha das primeiras influencias do punk rock.
Television | |
---|---|
Television no NOS Primavera Sound 2014 | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1973 – 1978 1992 – 1993 2001 – presente |
Xénero(s) | New Wave, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | ORK, Elektra, Capitol, ROIR |
Membros | Tom Verlaine Fred Smith Billy Ficca Jimmy Rip |
Antigos membros | Richard Lloyd Richard Hell |
Artistas relacionados | Neon Boys, The Heartbreakers, Richard Hell and the Voidoids, The Waitresses |
Na rede | |
Television era parte da primeira escena underground de Nova York, contemporánea de bandas coma Patti Smith Group e os Ramones. A diferenza destes últimos centráronse nun rock 'n' roll minimalista, e a música de Television era máis técnica, definindo ben as dúas guitarras de Tom Verlaine e Richard Lloyd.
As raíces de Television poden remontarse á amizade entre Tom Verlaine e Richard Hell. O dúo coñeceuse no Sanford School en Hockessin, Delaware, de onde escaparon.[1] Os dous mudáronse a Nova York por separado a principios dos anos 70 aspirando a ser poetas.[2]
O seu primeiro grupo xuntos foi Neon Boys, formado por Verlaine na guitarra e nas voces, Hell no baixo e nas voces e Billy Ficca na batería.[3] A banda durou dende finais de 1972 ata o 11 de marzo de 1973. En 1980 publicouse un sinxelo en 7 polgadas cos temas "That's All I Know (Right Now)" e "Love Comes in Spurts".[4]
O 12 de marzo de 1973 o grupo reformouse, pasando a chamarse Television e recrutando a Richard Lloyd como segundo guitarrista. O seu primeiro concerto foi no Townhouse Theatre o 2 de marzo de 1974.[5] O seu representante, Terry Ork, persuadiu ao dono de CBGB Hilly Kristal para darlle á banda actuacións regulares no club,[6] onde construíu a súa primeira etapa. Tras realizar varios concertos no CBGB a principios de 1974,[7] tocaron no Max's Kansas City e noutros clubs, volvendo ao CBGB en xaneiro de 1975,[5] e establecendo un significativo seguimento de culto.
Inicialmente, as tarefas de composición repartíanse case a partes iguais entre Hell e Verlaine, colaborando Lloyd de cando en vez.[8] Porén, comezaron a aparecer friccións cando Verlaine, Lloyd, e Ficca volvéronse cada vez máis seguros e hábiles cos instrumentos e a composición, mentres que Hell permaneceu desafiante no seu enfoque sen adestrarse. Verlaine, sentindo que o comportamento frenético de Hell no escenario estaba eclipsando as súas cancións, díxolle "deixa de dar saltos" durante as cancións e negouse ocasionalmente a tocar temas de Hell, como "Blank Generation", nos directos. Este conflito, así como que un dos seus temas fose collido por Island Records, fixo que Hell deixase o grupo elevase algunhas das súas cancións con el.[9] Cofundou The Heartbreakers en 1975 cos antigos membros de New York Dolls Johnny Thunders e Jerry Nolan, formando posteriormente Richard Hell and the Voidoids.[10] Fred Smith, que tocou brevemente en Blondie, substituíu a Hell como baixista de Television.[11]
Television realizou a súa estrea en vinilo en 1975 con "Little Johnny Jewel" (Parts One and Two), un sinxelo de 7 polgadas lanzado a través do selo independente Ork Records, propiedade do seu representante, Terry Ork. Richard Lloyd aparentemente en desacordo coa selección desa canción, preferindo "O Mi Amore" para a súa estrea, ata o extremo de considerar seriemente deixar a banda.[12] Parece ser que o guitarrista de Pere Ubu Peter Laughner fixo unha audición para ocupar o seu posto nesa época.[13]
O primeiro álbum de Television, Marquee Moon, foi recibido positivamente polos críticos musicais e o público e entrou na lista Billboard 200. O disco tamén tivo boas vendas en Europa e acadou o top 30 en varios países. Tras o seu lanzamento en 1977, Roy Trakin escribiu en SoHo Weekly "esquece todo o que escoitache sobre Television, esquece o punk, esquece Nova York, esquece o CBGB ... diaños, esquece o rock and roll - este é o asunto real".[14] Dende entón os críticos situaron o álbum no número 83 na lista da canle VH1 dos 100 mellores álbums de rock and roll, e no número 128 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums da historia. Ocupou segundo posto na lista da revista Uncut dos 100 mellores álbums de estrea, e o número 3 da lista de Pitchfork Media dos mellores álbums dos 70. Stephen Thomas Erlewine de AllMusic escribiu que o álbum foi "revolucionario" e composto "completamente de rockeiros de garaxe tensos que se adentran nun territorio intelectual embriagador, lográndose a través das seccións instrumentais longas e entretecidas do grupo".[15]
O segundo álbum de Television, Adventure, foi gravado e publicado en 1978.[16][17] Mais suave e reflectivo que o seu disco de estrea, Adventure foi ben recibido pola crítica a pesar das súas modestas vendas.
As visións artísticas independentes e pouco flexibles dos seus membros, xunto co abuso de drogas de Richard Lloyd, fixeron que a banda se separase en xullo de 1978. Tanto Lloyd como Verlaine iniciaron carreiras en solitario, mentres que Ficca converteuse en batería da banda de new wave The Waitresses.[18]
Television reformouse en 1992, publicando un terceiro álbum, Television, e realizou concertos esporadicamente dende entón. Dende que regresaron ao escenario do festival All Tomorrow's Parties de 2001 en Camber Sands, Inglaterra, a banda realizou concertos por todo o mundo e continúa actuando de forma regular.
En 2007 Richard Lloyd anunciou que deixaría amigablemente o grupo tras un concerto en verán no Central Park de Nova York. Debido a unha pneumonía que o tivo no hospital máis tempo do agardado, non foi capaz de actuar en Central Park. Jimmy Rip substituíuno ese día e a banda pediulle se podía unirse como membro permanente. O 7 de xullo de 2011 a nova formación actuou no festival Beco 203 en São Paulo.[19] Nunha entrevista na MTV do Brasil a banda confirmou que estban a piques de rematar un novo álbum con dez temas novos, pero en 2022 ese traballo aínda non fora editado.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Marquee Moon | 1977 | Elektra Records |
Adventure | 1978 | Elektra Records |
Television | 1992 | Capitol Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.