Lucio Tarquinio Prisco foi o quinto rei de Roma, e o primeiro de orixe etrusca, presumibelmente de ascendencia corintia.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaLucio Tarquinio Prisco
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) L.Tarquinius Priscus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Tarquinia, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte578 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Rei de Roma (pt) Traducir
616 a. C. – 578 a. C.
 Anco MarcioServio Tulio  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFirst Roman Kingdom (en) Traducir e Second Roman Kingdom (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTarquínios (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTanaquil Editar o valor en Wikidata
FillosTarquinia the Elder, Lucio Tarquinio o Soberbio, Gnaeus Tarquinius, Arruns Tarquinius, Tarquinia the Younger, Tarquinia Editar o valor en Wikidata
PaisDemarato de Corinto Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsArruns Tarquinius Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir, (sec:Tarquinius 6) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1080338
Pechar
Datos rápidos Reis de Roma, Rei ...
Pechar

Traxectoria

Tras emigrar a Roma, obtivo o favor de Anco Marcio, quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra sabinos e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.

Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de sumidoiros da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do Foro Romano. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.

O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un grande estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción dun templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus Xúpiter. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, Anco Marcio, antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro triunfo.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.