A papuxa real (Curruca hortensis, antes Sylvia hortensis) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
Papuxa real | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Curruca hortensis (Gmelin, 1789, Francia) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Descrición
Presenta unha lonxitude de entre 14 e 16 cm, sendo por tanto unha papuxa grande, maior que a papuxa das amoras. A súa plumaxe en machos adultos é de coloración gris escura na cabeza, gris abrancazada nas partes inferiores, presentando gorxa branca. O ollo presenta un chamativo iris de cor branca. O peteiro é fusco e as patas de cor lousa. As femias e inmaturos teñen a cabeza dun ton máis pálido.
Distribución
A papuxa real é unha especie circunmediterránea, ou o que é o mesmo, está moi estendida nas rexións europeas que bordean o mar Mediterráneo así como na rexión setentrional de África. Localízase na Península Ibérica e Marrocos, estendéndose a súa distribución por todo o mediterráneo até Turquía incluída, localizándose polo leste facendo límite no Cáucaso, Irán e Kazakhstán, onde tamén se atopan. Cara ao norte de Europa esténdense até os Alpes, apenas e raramente atopándose en Suíza.
Hábitat
Habita distintos medios pois aínda que prefire matogueiras e campos baldíos tamén vive en bosques abertos cunha vexetación de certo porte. As maiores densidades de poboación desta especie obsérvanse cara aos 700 m.
Nutrición
Aliméntase principalmente de arañas, bagas, insectos e as súas larvas.
Voz
Emite un agradable canto en forma gorxeo en ton alto e forte, intercalando algunhas notas estridentes e certos asubíos. A súa voz de alarma é moi similar á do resto das papuxas, emitindo un seco e brusco tec tec ou tac tac que é repetido insistentemente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa real |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.