From Wikipedia, the free encyclopedia
Modelo:Ligazón internas
Carrán cristado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thalasseus sandvicensis | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Thalasseus sandvicensis' (Latham, 1787) | |||||||||||||||
Distribución: Cría Anual Inverno | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sterna sandvicensis |
O carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), é unha ave da familia dos Sternidae.
Ten unha lonxitude entre 37–43 cm, unha envergadura de 85–97 cm e un peso de 250 gramos. Ten o peteiro esvelto e negro, coa punta amarela. Testa branca. Presenta unha pequena crista negra e patas da mesma cor. A especie non presenta dimorfismo sexual. Os xoves teñen manchas pardas na cabeza e na parte superior do corpo.
É unha ave moi gregaria, que garula con frecuencia. Alimentación baseada en peixes que pesca mergullándose. Tamén depreda crustáceos, moluscos e vermes.
Cría en colonias en praias areosas ou illas baixas. Ás veces tamén en augas estancadas que sexan salobres. O período de cría vai de maio a xullo cunha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 22-26 días. Os polos comezan a voar ós 30-35 días.
Estival no norte de Europa. Invérnante no Sur de Europa e África. Escaso ou inexistente lonxe da costa. Ó revés do carrán do Caspio segue a costa cando emigra.
Non cría en Galicia, pero é relativamente abondosa nos pasos migratorios, especialmente de setembro a outubro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.