Remove ads
enciclopedia From Wikipedia, the free encyclopedia
A Enciclopedia de filosofía de Stanford (SEP) é unha enciclopedia de libre acceso en liña mantida pola Universidade Stanford. A enciclopedia desenvolveuse inicialmente con fondos públicos do NEH e do NSF. Un plan de recollida de fondos a longo prazo co fin de asegurar o libre acceso á enciclopedia está apoiado a nivel mundial por varias universidades e consorcios de bibliotecas. Ditas institucións contribúen baixo un plan formulado polo SEP en colaboración coa Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (SPARC), a International Coalition of Library Consortia (ICOLC) e a Southeastern Library Network (SOLINET), con fondos equiparados pola NEH.
Cada entrada é escrita e mantida por un experto no tema, incluíndo a profesores de máis de 65 Institucións académicas arredor do mundo. Ademais da súa condición en liña, a enciclopedia utiliza o enfoque académico tradicional da maior parte de enciclopedias e revistas académicas para lograr estándares de calidade por medio de:
A enciclopedia foi creada en 1995 por Edward N. Zalta co fin explícito de achegar unha enciclopedia dinámica actualizada regularmente, e que desta forma non permaneza datada á maneira das enciclopedias impresas. A concepción da enciclopedia permite a presenza de artigos rivais para un único tema de modo que se reflictan os desacordos razoados entre académicos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.