Stade de Gerland
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Stade de Gerland é un recinto deportivo da cidade de Lión, inaugurado en 1926, con capacidade para acoller nas súas bancadas a 40.494 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Lyon da Ligue 1. En 2015 ou 2016 será pechado e substituído polo novo Stade des Lumières.
Stade de Gerland | |
---|---|
Stade Gerland | |
Datos | |
Coordenadas | 45°43′26″N 4°49′56″L |
Localización | Lión, Francia |
Construción | |
Inauguración | 1926 |
Renovación | 1960, 1980, 1998 |
Arquitecto | Tony Garnier, René Gagis (renovación) |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 40.494 |
Propietario | Ville de Lyon |
Operadora | GL events |
Localía | Olympique Lyonnais |
Web | https://www.gl-events.com/en/matmut-stadium-lyon-gerland |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eventos deportivos
Mundial de Fútbol 1938
No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogouse no Gerland un encontro de oitavos de final.
Eurocopa de Fútbol 1984
Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu 1 encontro do Grupo A e 1 das semifinais.
Mundial de Fútbol 1998
No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio acolleu un total de 6 encontros, 5 da fase de grupos e 1 de cuartos de final.
Copa do Mundo de Rugby 2007
Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Gerland acolleu 3 encontros da fase de grupos.
Eurocopa de Fútbol 2016
Na Eurocopa de Fútbol Francia 2016 disputaranse varios encontros en Lión, pero o estadio que acollerá eses encontros será o novo Stade des Lumières, xa que o Stade Gerland pecharase en 2013.
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.