Co nome de peixes anxo coñécense as especies dos peixes cartilaxinosos elasmobranquios selaquimorfos pertencentes á orde dos escuatiniformes (Squatiniformes), que foi establecida en 1926 polo ictiólogo e oceanógrafo español Fernando de Buen y Lozano.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Escuatiniformes
Squatiniformes
Peixes anxo

Rango fósil: xurásico tardío - actualidade [1]

Peixe anxo (Squatina squatina)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squatiniformes
de Buen, 1926
Familia: Squatinidae
Bonaparte, 1838
Xénero: Squatina
A. M. C. Duméril, 1806
Especie tipo
Squalus squatina
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase texto
Pechar

A orde consta só dunha familia, a dos escuatínidos (Squatinidae), que ten un só xénero, Squatina,[2] con 23 especies descritas.[3]

Características

Os escuatiniformes teñen o corpo aplanado, case tanto como o das raias, con amplas ás pectorais en forma de trapecio ou de triángulo, que non están soldadas á cabeza. As aletas dorsais son pequenas, e non teñen aleta anal. O lóbulo inferior da aleta caudal é máis longo que o superior.[2] [4][5]

Presentan cinco fendeduras branquiais a cada lado, que son ventrolaterais. A boca, pequena, é terminal, e está armada de pequenos dentes. Todas as especies son vivíparas. A especie máis grande, Squatina japonica, pode alcanzar até 2 m de lonxitude.[2][5]

Bioloxía

Thumb
Squatina californica
Thumb
Squatina australis
Thumb
Squatina squatina no Aquarium Finisterrae da Coruña.

Son ovovivíparos, e poden producir camadas de até 13 crías.[6]

Os peixes anxo aliméntanse dunha ampla variedade de pequenos peixes óseos, crustáceos, cefalópodos, gasterópodos e bivalvos, mediante as súas mandíbulas protráctiles.[7][8]

Son peixes mariños que habitan en augas pouco profundas (porén, hai unha especie que vive até os 1 300 m de profundidade) en fondos de area e grava, aínda que son nadadores activos.[9][10]

Sistemática

  • Orde Squatiniformes de Buen, 1926
    • Familia Squatinidae Bonaparte, 1838
      • Xénero Squatina Duméril, 1806
        • Squatina aculeata Cuvier, 1829
        • Squatina africana Regan, 1908
        • Squatina albipunctata Last & W. T. White, 2008
        • Squatina argentina (Marini, 1930)
        • Squatina armata (Philippi {Krumweide}, 1887)
        • Squatina australis Regan, 1906
        • Squatina caillieti J. H. Walsh, Ebert & Compagno, 2011
        • Squatina californica Ayres, 1859
        • Squatina dumeril Lesueur, 1818
        • Squatina formosa S. C. Shen & W. H. Ting, 1972
        • Squatina guggenheim Marini, 1936
        • Squatina heteroptera Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007
        • Squatina japonica Bleeker, 1858
        • Squatina legnota Last & W. T. White, 2008
        • Squatina mexicana Castro-Aguirre, Espinoza-Pérez & Huidobro-Campos, 2007
        • Squatina nebulosa Regan, 1906
        • Squatina occulta Vooren & K. G. da Silva, 1992
        • Squatina oculata Bonaparte, 1840
        • Squatina pseudocellata Last & W. T. White, 2008
        • Squatina punctata Marini, 1936
        • Squatina squatina (Linnaeus, 1758), clasificada inicialmente como Squalus squatina Linnaeus, 1758
        • Squatina tergocellata McCulloch, 1914
        • Squatina tergocellatoides J. S. T. F. Chen, 1963

En Galicia

En augas do litoral galego só está citada unha especie, Squatina squatina,[11][12][13] que por iso poderiamos distiguir como peixe anxo propiamente dito, ou peixe anxo común. É pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes de arrastre, xa que carece de interese comercial.[11]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.