From Wikipedia, the free encyclopedia
Sprattus é un xénero de peixes mariños da familia dos clupeidos.
Sprattus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sprattus sprattus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Catro das súas cinco especies viven en augas cálidas e subtropicais do hemisferio sur, e só unha, Sprattus sprattus habita no Atlántico nororiental, e nos mares Báltico, Mediterráneo e Negro, sendo un dos principais peixes comerciais de Europa.[2]
Teñen o corpo alongado, algo comprimido lateralmente, pequeno, de entre 8 e 12 cm, alcanzando como máximo os 16 cm de lonxitude. A coloración do dorso é azul ou verdosa, cos costados e o ventre prateados. O maxilar inferior está claramente proxectado cara a adiante. As aletas pelvianas están sostidas por 7 (raramente 8) raios brandos, e están situadas a unha altura algo anterior á do comezo da aleta dorsal, que está situada no medio do lombo.[3]
Son peixes peláxicos, costeiros, nadando a miúdo en cardumes en augas pouco profundas cerca da costa. Algunhas poden tolerar salinidades moi baixas.
Efectúan grandes migracións para buscar o alimento no inverno e a primavera e en verán, e para o desove. Os adultos aliméntanse sobre todo de crustáceos planctónicos e as formas xuvenís de diatomeas e ovos e larvas de copépodos. Reprodúcense durante case todo o ano, preto da costa ou até os 100 km en mar aberto.[3]
O xénero comprende cinco especies:[4]
As tranchas afumadas, moi consumidas nos países do norte de Europa, están entre os alimentos con maior contido en purinas.[7]
As persoas afectadas de gota ou que teñan niveis elevados de ácido úrico no sangue deben, por tanto, evitaren o seu consumo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.