variedade vinífera From Wikipedia, the free encyclopedia
A sousón[1] é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera) autóctona de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, de pequeno tamaño, forma acuminada e pel fina de cor negra azulada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[2]
Cultívase tamén da outra beira do Miño, no Alto Miño, onde se coñece cos sinónimos lusos: souzão e vinhão. A uva é coñecida por producir viños cunha cor intensa, con sabores bastos e a pasas.[3]
É orixinario da ribeira do Miño.
Trátase dunha uva escasa, polo que se complementa con outras. Está recomendada como variedade de vinificación en Galicia, segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, que regula o potencial de produción vitícola.[4]
Cultívase nas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.[5]
No Norte de Portugal adóitase usar para a produción de viño do Porto. Tamén está autorizada nas DOC portuguesas de Douro e Dão-Lafões.
Tamén se cultiva en rexións vinivitícolas de Australia, California e Suráfrica. En Australia úsase a sousón para facer viño ao estilo do Porto e tamén viños de mesa mesturándoa con outras variedades portuguesas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.