From Wikipedia, the free encyclopedia
Somos unos animales é o segundo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado, producido e publicado por Área Creativa no 1991.
Somos unos animales | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Extremoduro | ||||
Publicado | xullo de 1991 | |||
Duración | 38:38 | |||
Xénero(s) | rock | |||
Selo(s) | Area Creativa, DRO, Warner Music | |||
Produtor | Iñaki "Uoho" Antón | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Á hora de gravar unha segunda entrega, o grupo faino nun principio de novo con Avispa, como xa fixeran co primeiro disco, Rock transgresivo. A localización do estudio, porén, esixe ao grupo trasladárense para gravar nel; é a discográfica a que lles cobre os gastos, pero as 10.000 pesetas diarias que lles dan de dieta para todo, incluído hotel, fan que Roberto Iniesta, líder da banda, pida que lles manden todo o diñeiro ao seu lugar de residencia, e diga que logo irán gravar. Desde a discográfica denéganlle a súa proposta, o que fai que a abandonen por outra discográfica independente, Área Creativa.
É con Área Creativa, unha vez superados os problemas con Avispa, coa que gravan o segundo disco, que conta cunha produción bastante superior á do primeiro disco, aínda estando feita de novo polo propio grupo. Este segundo traballo chega a vender 8.000 copias, aínda sen contar con ningunha promoción; con todo, aparecen novos problemas coa discográfica do momento (non cobran nada en concepto de dereitos de autor por este disco) failles abandonala de novo e buscaren outra. Destacan entre o seu repertorio temas como "Tu corazón", "La canción de los oficios", "Quemando tus recuerdos" e "Necesito droga y amor (Los camellos no me fían)", se ben non chega ao nivel doutros álbums de Extremoduro.
A música deste disco representa unha evolución respecto do seu predecesor, coa incorporación ocasional de novos instrumentos ao tradicional conxunto guitarra-baixo-batería; tamén conta con certas colaboracións de artistas externos ao grupo, como a de Rosendo Mercado acompañando a Iniesta como voz principal en "La canción de los oficios" e coa guitarra en "Perro callejero". As letras, pola súa banda, supoñen tamén unha mellora, e comezan a marcar ata onde chegarán en vindeiras entregas.
No ano 1995, o álbum é de novo lanzado pola discográfica Warner.
Somos unos animales | |||
---|---|---|---|
Nº | Título | Duración | |
01 | "Tu corazón" | ||
02 | "La canción de los oficios" | ||
03 | "Quemando tus recuerdos" | ||
04 | "V Centenario" | ||
05 | "J.D. La central nuclear" | ||
06 | "Ni príncipes ni princesas" | ||
07 | "Perro callejero" | ||
08 | "Desidia" | ||
09 | "Resolución" | ||
10 | "Necesito droga y amor (Los camellos no me fían)" |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.