SkySat é unha constelación de satélites artificiais comerciais para observación terrestre en alta resolución desde órbitas polares.[1][2][3]
Características
Os dous primeiros prototipos, SkySat 1 e 2, foron lanzados en 2013 e 2014 a bordo dun foguete Dnepr e dun Soiuz-2-1b Fregat. Tiñan unha masa de 83 kg, non tiñan propulsión e foron construídos por Skybox Imaging. Cada un levaba a bordo un telescopio tipo Ritchey-Chretien cunha distancia focal de 3,6 m e tres detectores CMOS de 5,5 Mpixel, conseguindo unha resolución duns 1,1 m.[1][2][3]
Os satélites operativos teñen maior masa, uns 120 kg, propulsión e unha resolución maior que os prototipos. Lanzáronse 19 satélites SkySat operativos a bordo de variedade de foguetes, como o PSLV-XL, o Vega, o Minotaur C e o Falcon 9.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.