baloncestista senegalés From Wikipedia, the free encyclopedia
Sitapha Alfred Savané Sagna, nado en Dakar o 20 de agosto de 1978, é un ex xogador de baloncesto senegalés e español.[1] Foi membro da selección de baloncesto do Senegal. A súa carreira profesional desenvolveuse en España, a maioría dela na Liga ACB.[2]
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Sitapha Alfred Savané Sagna 20 de agosto de 1978 (46 anos) Dakar, Senegal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | United Nations International School (en) Academia Naval dos Estados Unidos (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 105 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Campionato mundial de baloncesto de 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Savané formouse na Academia Naval da NCAA norteamericana, onde permaneceu tres tempadas. Ó rematar a súa etapa universitaria deu o salto ó baloncesto español, fichando polo Menorca Bàsquet na liga LEB, dende onde pasou ó Tenerife durante tres tempadas, as dúas primeiras na liga LEB e a última en ACB co Unelco Tenerife.[3]
Na tempada 2004-05 ficha polo CB Gran Canaria, club no que fica oito anos seguidos, alcanzando a capitanía do club e varios récords do equipo.[4] Na tempada 2011-12 deslígase do CB Gran Canaria.[5] Unhas semanas máis tarde incorpórase ó Club Joventut de Badalona, tamén na Liga ACB.[6] Pasa tres tempadas no Joventut de Badalona, salientando a campaña 2014-15, onde finalizou en segundo lugar na clasificación de máximo taponador (1,58), ademais ter unha media de nove puntos e tres rebotes por encontro.[7] Ó rematar devandita tempada, non renova o seu contrato e volve ó CB Gran Canaria para a tempada 2015-16.[8] Logo dun ano en Gran Canaria ficha polo Movistar Estudiantes.[9]
Ao remate da tempada 2017-18 anunciou a súa retirada, sendo nese intre o xogador non nado en España que máis partidos xogou na liga ACB.[10] No momento da súa retirada capturou 2015 rebotes na ACB, cun termo medio de 4,13 rexeitamentos por partido, encontrándose entre os 50 xogadores máis reboteadores da Liga.[11] Con 499 tapóns, converteuse no quinto taponador histórico da Liga.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.