From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sinfonía nº 5 en dó díese menor de Gustav Mahler foi composta entre 1901 e 1902.[1] É unha das súas obras máis coñecidas e máis interpretadas en todo o mundo. A súa estrea tivo lugar en Colonia o 18 de outubro de 1904 baixo a batuta do propio compositor. Entre os seus momentos máis distintivos están o solo fúnebre de trompeta que abre a obra e o recorrente Adagietto.
Sinfonía nº 5 |
---|
En febreiro de 1901 unha hemorraxia intestinal case fatal fixo que Mahler se enfrontase á súa propia morte, o que provocou un cambio no estilo do compositor, poñendo punto e final ao seus período Wunderhorn e comezando o período Rückert (chamado así polo ciclo de cancións ao que pon música ese ano). A sinfonía foi escrita entre 1901 e 1902, a maior parte da mesma foi escrita durante os meses de verán que o compositor pasou na súa casa de campo de Maiernigg (Austria). Na época da composición da quinta sinfonía, Mahler contaba cun posto de traballo privilexiado no mundo musical como director da Opera Real de Viena e como principal director da Wiener Philharmoniker, unha das mellores orquestras do mundo. Durante o transcurso da composición da obra o compositor casou con Alma Schindler, de feito, de acordo co contorno do compositor, o Adagietto é unha carta de amor en música destinada a Alma, aínda que o compositor non deixou ningunha nota ou carta que valide esta hipótese.[2]
Instrumentación da Sinfonía Nº 5 |
Madeiras |
4 frautas (III e IV dobran con piccolo), 3 óboes (III dobra con corno inglés, 3 clarinetes en Si bemol (III dobra con requinto e clarinete baixo), 3 fagots (III dobra con contrafagot) |
Metais |
6 trompas en Fa, 4 trompetas en Si bemol, 3 trombóns, tuba |
Percusión |
Timpani, bombo, caixa, pratos, ferriños, tam-tam, látego, glockenspiel |
Cordas |
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.