simetría arredor dun eixo From Wikipedia, the free encyclopedia
Na xeometría euclidiana elemental, unha simetría axial ou reflexión é unha transformación xeométrica do plano que modela un "pregamento" ou un "efecto espello": dúas figuras son simétricas con respecto a unha liña cando se superpoñen despois do pregamento por esta liña. Este é un caso especial de simetría.
A simetría axial de eixe a recta d transforma calquera punto M no único punto M' tal que d é a mediatriz do segmento [MM']. Noutras palabras: deixa todos os puntos de d invariantes e transforma calquera punto M non situado en d no punto M' tal que:
O punto M' chámase logo simétrico de M en relación ao eixe de simetría d.
Con relación a d, dise que dúas figuras do plano son simétricas cando unha é a imaxe da outra mediante esta aplicación, e unha figura dise que é simétrica cando é simétrica a si mesma, é dicir, globalmente invariante por esta transformación. A recta d chámase entón eixe de simetría da figura.
A simetría axial é, como toda simetría, unha involución, é dicir, atopamos o punto de partida ou a figura se o aplicamos dúas veces. En particular, é unha bixección.
A simetría axial é unha isometría afín; ela mantén:
Pero non conserva a orientación (nin, polo tanto, os ángulos orientados) : cando o punto M xira ao redor de O "en sentido horario", o seu punto simétrico M' xira ao redor de O' no sentido contrario.
Vemos a construción na figura cos puntos A' e C' perpendiculares a recta (c1,c2) e usando un método diferente mediante compás para situar B'.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.