Siareiros Galegos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Siareiros Galegos
Remove ads

Siareir@s Galeg@s é un colectivo de apoio ás seleccións nacionais galegas que naceu no ano 2005, aínda que a súa actividade xa comezara a mediados da década dos 90.

Datos rápidos Siareir@s Galeg@s, Historia ...
Thumb
Adhesivo representativo dos Siareiros galegos, neste caso concretamente dun grupo denominado Celtarras
Remove ads

Historia

A súa andaina como colectivo deu inicio o 29 de decembro de 2005, sendo nesta data o primeiro partido oficial da Selección Galega de fútbol despois de 69 anos sen poder facelo. O partido foi un rotundo éxito, conseguindo rematar días antes coas entradas para o encontro contra Uruguai no estadio compostelán de San Lázaro, onde o fondo sur foi ocupado por Siareiros Galegos. O Galiza - Uruguai foi retransmitido pola TVG, nunha chuviosa noite.

No 2006, a Selección Galega xogou o seu segundo partido da era moderna, contra Ecuador, o cal remataría 1-1. O partido foi xogado no estadio herculino de Riazor, ante unhas 25.000 persoas, que arrouparon á selección en todo momento. Tamén asistiron algúns membros da comunidade ecuatoriana en Galiza. Antes do partido, o colectivo Siareiros Galegos organizou unha manifestación a prol da oficialidade das seleccións deportivas galegas, que foi seguida por unhas 3.000 persoas, recorrendo as rúas máis céntricas da Coruña. Logo acudiría ao fondo do estadio de Riazor, enchendo o mesmo e creando un ambiente extraordinario.

O colectivo conta na actualidade con centos de socios por todo o país e organiza todo tipo de actividades cívicas relacionadas co deporte, así como concertos e coloquios.

Thumb
Partido Galiza-Kurdistán
Máis información Partidos reivindicativos organizados por Siareir@s Galeg@s (2009–2015), Data ...
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads