Shmuel Yosef Agnon

From Wikipedia, the free encyclopedia

Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Shmuel Yosef Agnon
Thumb
Nome orixinal(he) שמואל יוסף עגנון
Biografía
Nacemento(he) שמואל יוסף הלוי טשאטשקיס
8 de agosto de 1887
Buchach, Ucraína (pt)
Morte17 de febreiro de 1970 (82 anos)
Xerusalén
Lugar de sepulturaCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta, novelista, escritor de contos
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeEsther Agnon
FillosEmuna Yaron
Premios

Descrito pola fonteEncyclopaedia Hebraica (en)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.52)
Pechar

Traxectoria

Nado, co nome de Shmuel Yosef Czaczkes, na Galicia austríaca (agora en Ucraína), educado polo seu pai, un comerciante de peles seguidor do hasidismo, cando tiña 8 anos comezou a escribir en hebreo e yiddish. Aos 15 anos escribiu a súa primeira obra creativa, un poema en yiddish verbo dun cabalista, e continou a editar poemas e historias en hebreo e yiddish, ata un total de 70 pezas ata que en 1908 emigrou a Iafa (Palestina), influído polo movemento sionista. Na súa primeira obra publicada en Palestina (Agunot) empregou o acume de Agnon, que se converteu no seu nome literario, e en 1924 o seu apelido oficial.

En 1913 trasládase a Alemaña, en 1924 o lume queima a súa casa, destruíndo todos os seus manuscritos, nese mesmo ano retorna a Xerusalén, pero en 1929 a súa biblioteca foi destruída de novo nunha revolta árabe.

A publicación de Hakhnasat Kalah (O enxoval da noiva) (1931), novela épica na que describe a Galitzia xudía de comezos do XIX, fixo de Agnon unha figura central da literatura hebrea. As súas obras representan a fusión da ironía, relato relixioso, experimentalismo e surrealismo, e a lingua empregada representa un compromiso entre o hebreo bíblico e o neohebreo.

Obras

  • Agunot (Esposas abandonadas), 1908.
  • Sippure Ahawin, 1925.
  • Hakhnasath Kallah (O enxoval da noiva), 1931.
  • Nidach, 1931.
  • Sipur Pashut (Unha simple historia) 1935.
  • Ore'ah Nata Lalun (Un convidado para a noite), 1939.
  • Yamim Nora'im (Días de temor) 1938.
  • Sefer, sofer, vesipur, 1938.
  • Shevu'at Emunium, 1943.
  • Temol Shilshom (Antonte), 1945.
  • Sefer Hamaasim, 1951.
  • Chemdat, 1952.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.