Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sen perdón (en inglés: Unforgiven) é un filme estadounidense dirixido e producido por Clint Eastwood que se estreou en 1992. O filme conta a historia de William Munny, un fóra da lei que acepta un último traballo despois de terse convertido en granxeiro. Está protagonizado por Eastwood, xunto con Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.
Sen perdón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Unforgiven |
Director | Clint Eastwood |
Produtor | Clint Eastwood |
Guión | David Webb Peoples |
Intérpretes | Clint Eastwood Gene Hackman Morgan Freeman Richard Harris |
Música | Lennie Niehaus |
Fotografía | Jack N. Green |
Montaxe | Joel Cox |
Estudio | Malpaso Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 7 de agosto de 1992 3 de xullo de 2011 (TVG) |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Western |
Orzamento | $14 400 000 |
Recadación | $159 157 447 |
Na rede | |
Eastwood adicou o filme ós directores e mentores Don Siegel e Sergio Leone. O filme gañou catro Premios Oscar: Mellor filme e mellor director para Clint Eastwood, mellor actor secundario para Gene Hackman, e mellor montaxe para editor Joel Cox. Eastwood foi nomeado ó Oscar ó mellor actor pola súa interpretación, pero ese ano gañouno Al Pacino por Scent of a Woman. Esta longametraxe foi o terceiro western en gañar un Oscar ó mellor filme, sendo as dúas anteriores Cimarron (1931) e Dances with Wolves (1990).
Estreouse en galego na TVG o 3 de xullo de 2011.[1]
Dous veteranos pistoleiros volven ós traballos dos que levaban tempo retirados para aceptar a recompensa que lles ofrecen as prostitutas de Big Whiskey para que as liberen da brutalidade do shériff, outro antigo pistoleiro metido a cacique desapiadado. Aparece tamén un pintoresco asasino a soldo, alcumado Bob O Inglés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.