A sedimentoloxía se refire ao estudo de sedimentos modernos e á comprensión dos procesos que os depositan. Tamén contrasta estas observacións aos estudos de antigas rochas sedimentarias. Os sedimentologos aplican o seu coñecemento dos procesos modernos ás rochas sedimentarias formadas historicamente, permitíndolles entender como foron formadas.

As rochas sedimentarias cobren a maioría da superficie da Terra, rexistran información de moita da historia da Terra, e albergan o rexistro fósil. A sedimentoloxía está intimamente relacionada coa estratigrafía, o estudo das relacións temporais e físicas entre as capas de rocha, ou estratos.

Principios básicos

O obxectivo da sedimentoloxía, o estudo dos sedimentos, é a extracción de información sobre as condicións deposicionais que actuaron para depositar a unidade de rocha, e a relación das unidades individuais de rocha nunha cunca nun marco coherente da evolución das secuencias e cuncas sedimentarias, e polo tanto, da historia xeolóxica da Terra no seu conxunto.

A base científica disto é o uniformismo, que di que os sedimentos dentro das rochas sedimentarias antigas foron depositados da mesma maneira que os sedimentos que se están a depositar hoxe na superficie da Terra.

As condicións sedimentolóxicas son rexistradas nos sedimentos a medidas que se van depositando, e a forma dos sedimentos na actualidade reflicte os eventos do pasado, e todos os eventos que afectan ao sedimento, dende a fonte do material sedimentario até os esforzos que actuaron sobre eles despois da diaxénese poden ser estudados.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.