Remove ads

Un satélite espía, denominado tamén como satélite de recoñecemento ou satélite de intelixencia, é un satélite de observación terrestre ou de comunicacións despregado para aplicacións de intelixencia e recoñecemento.

Thumb
Listaxe de satélites de recoñecemento estadounidenses despregados desde 1960.

A primeira xeración de satélites espía (como os Corona[1][2] estadounidenses ou os Zenit-2 soviéticos) tomaban fotografías con película fotográfica que debía ser devolta a terra en cápsulas para poder ser revelada e analizada. Posteriormente os satélites espía foron dotados de cámaras e sistemas dixitais que permiten transmitir as imaxes directamente a terra.

Remove ads

Tipos

Dentro dos satélites de recoñecemento poden atoparse varios tipos:

  • Satélites de alerta temperá, para a detección de lanzamento de mísiles.
  • Satélites detectores de explosións nucleares, como os Vela.
  • Satélites de recoñecemento electrónico, para interceptar sinais de radio.
  • Satélites de recoñecemento óptico, que toman imaxes de moi alta resolución.
  • Satélites de recoñecemento mediante radar, que teñen a vantaxe de poder observar de día e de noite.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads