From Wikipedia, the free encyclopedia
Sartaq Khan, finado en 1256 foi o terceiro caudillo da dinastía de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 1257 |
Khan (título) Horda de Ouro | |
1255 – 1256 ← Batu – Ulagueche (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Nestorianismo |
Actividade | |
Ocupación | Khan (título) |
Outro | |
Título | Khan (título) |
Familia | Chingissid (en) |
Fillos | Feodora Sartakovna, Ulagueche |
Pais | Batu e Borakchin Khatun |
Irmáns | Toqoqan |
Fillo de Batu Khan, sucedeuno á fronte da Horda de Ouro. Con anterioridade, por encargo do seu pai, acompañara, á fronte dos exércitos co seu tío Berke, a Mongke, para que este fose recoñecido como Gran Khan en Mongolia. No kurultai de Kodoe Aral, as dinastías de Ögödei e Chagatai foron desprazadas do poder intimidadas polos forzas de Sartaq e Berke.
Nomeou a Alexandre Nevski Gran Duque de Vladímir e tivo con el unha especial relación de irmandade. Sartaq converteuse ao cristianismo e mandou mensaxes amigables ao papa Inocencio IV. Isto determinou que os mongois abandonaran o vello proxecto de Ögödei de destruír a cristiandade occidental.
Sospéitase que foi envelenado por encargo do seu tío Berke quen, pola súa vez, se convertera ao islam. Tras o breve reinado de Ulaqchi, Berke faríase co dominio dos estados mongois occidentais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.