Sapo común

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sapo común
Remove ads
Remove ads

O sapo común[3][4] (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.

Remove ads
Artigo principal: O sapo na cultura popular galega.

Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).

Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:

Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.

Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.

Os ollos dun sapo formaban parte do remedio para cura-lo tangaraño dos nenos (raquitismo):

A nai unha bulsa/ colgoulle ó pescozo con escapularios,/ medallas e figos/ a pel dunha cobra e os ollos dun sapo.
Remove ads

Notas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads