Santo André, São Paulo
cidade brasileira do estado de São Paulo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo André é unha importante cidade industrial e comercial na Megalópole de São Paulo. Co crecemento industrial brasileiro das décadas de 1950 e 1960, a cidade recibiu industrias de pezas para automóbiles, equipamentos eléctricos e motores, produtos químicos, pezas de plástico, téxtiles, e outras e, a partir de entón, tivo un gran crecemento de poboación. É hoxe unha das máis grandes cidades do estado e, a pesar dalgunhas industrias teren cerrado as súas fábricas na cidade (despois de que os terreos para expansión foran escasos) e as teren transferido a outros puntos do Brasil, o comercio e os servizos da cidade permaneceron e diversificáronse.
Epónimo | André Apóstolo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 748.919 (2022) (4.283,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 174,84 km² | ||||
Altitude | 700 m | ||||
Comparte fronteira con | São Paulo Ribeirão Pires (pt) Rio Grande da Serra (pt) Santos São Caetano do Sul (pt) Mogi das Cruzes Cubatão (pt) Mauá (pt) São Bernardo do Campo Suzano (pt) | ||||
Creación | 30 de novembro de 1938: Concello do Brasil | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Prefeitura Municipal de Santo André (pt) | ||||
• Prefeito (pt) | Paulo Serra (pt) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Santo André (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 11 | ||||
Código de concello do Brasil | 3547809 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santoandre.sp.gov.br |
Por ser veciña á cidade de Sao Paulo, unida a esta por diversos medios de transporte (ferrocarril, ómnibus), e os seus límites xeográficos confundírense, mesmo os seus habitantes que traballan na capital fan compras e pagan os seus impostos na cidade, ademais de seren utilizados os seus servizos por persoas de cidades veciñas, inclusive da capital. Así, a súa dinámica económica permanece.
Pertence á cidade o antigo distrito de Paranapiacaba, xurdido coa instalación do ferrocarril que uniu a cidade de Santos a Jundiaí en 1872. Era un acampamento dos traballadores da construción e dos enxeñeiros ingleses que proxectaron o ferrocarril. A estación do ferrocarril na vila de Paranapiacaba ten unha curiosa copia do reloxo Big Ben, ademais dun museo ferroviario.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.