From Wikipedia, the free encyclopedia
Sancho Garcés I, nado en Sangüesa (actual Rocaforte) en 865? e finado en Resa o 10 de decembro de 925, foi rei de Navarra entre os anos 905 e 925.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 875 Rocaforte, España |
Morte | 11 de decembro de 925 (49/50 anos) Resa (en) |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Rei de Pamplona | |
905 – 925 ← Fortuna Garcês (pt) – Jimeno Garcés of Pamplona (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Dinastía Ximena |
Cónxuxe | Toda Aznárez de Pamplona |
Fillos | Urraca Sánchez de Pamplona, Velasquita Sánchez de Pamplona, García Sánchez I de Pamplona, Sancha Sánchez de Pamplona, Oneca Sánchez de Pamplona, Lloba de Pamplona |
Pais | Garcia Ximenes (regent de Pamplona) e Dadildis de Pallars |
Irmáns | Íñigo Garcés of Pamplona Jimeno Garcés of Pamplona Sancha Garcés of Pamplona |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Fillo de García Ximénez, descendente da dinastía Ximena. Á morte de García I Íñiguez no ano 870, é gobernante da Valdonsella e axiña comeza a intervir en todos os territorios circundantes.
Ocupa Pamplona cando aínda reina Fortún Garcés, axudado polo monarca galaico Afonso III, xunto co conde de Pallars. Eliminados os dereitos patrimoniais dos fillos de Fortún Garcés, estes recaerán na súa neta Toda, casada con Sancho Garcés I, que os fixo valer e proclamándose rei en Pamplona no ano 905, tras destronar a Fortún Garcés.
Ao morrer o conde de Aragón Galindo Aznárez II, Sancho Garcés I ocupou as terras de Aragón ignorando os dereitos sucesorios de todos. Esta foi a causa que xustificou as loitas do gobernador musulmán de Huesca, al-Tawil, que tiña dereitos sucesorios sobre o territorio por estar casado con Sancha, irmá do conde. Solucionouse o problema ao prometer en matrimonio a Andregoto Galíndez, filla de Galindo Aznárez II, co fillo de Sancho Garcés I, o futuro rei García Sánchez I de Navarra, que era aínda un neno.
Ampliou considerablemente as fronteiras meridionais do reino até chegar a terras rioxanas mediante unha serie de campañas militares contra os aristócratas musulmáns. Conquistou Nájera e estableceu alí a súa corte, dotando dunha organización definitiva ao reino de Navarra.
Aliado co reino de Galicia Ordoño II, venceu a un exército cordobés en San Esteban de Gormaz (917), pero foi derrotado por Abd al-Rahman III en Valdejunquera (920).
Durante o seu reinado aparece o sistema de tenencias, que se perpetuará en Navarra e Aragón até principios do século XIII.
O centro político do norte-este peninsular pasaba á corte de Nájera que deu como resultado varios matrimonios reais das fillas de Sancho Garcés I e a raíña Toda Aznar:
O rei Sancho Garcés I morreu nas proximidades de Resa, a beiras do río Ebro, o día 10 de decembro do ano 925 e foi enterrado en San Esteban de Deio en Monjardín.
Predecesor: Fortún Garcés |
Rei de Navarra 905 - 925 |
Sucesor: Ximeno Garcés, García Sánchez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.