sindicalista e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Salud Torres Díaz, nada en Ourense en 1912 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha sindicalista e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Ourense, España |
Morte | 29 de outubro de 1937 (24/25 anos) Mosteiro de Ribeira, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, política |
Familia | |
Irmáns | Silvio Torres Díaz |
Delegada da UGT e militante do PCE, participou no mitin do Partido celebrado no Teatro Principal en abril de 1934.[1] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detida xunto co seu irmán Silvio, acusados de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión,[2] e sometida a consello de guerra.[3]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda María del Valle Lozano. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[4]
En xullo de 2019 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou a recuperación dos seus restos.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.