comerciante e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Sabino Bugallo Valiñas, nado en Cerdedo-Cotobade, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Quireza, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Familia | |
Irmáns | Severino Bugallo Valiñas |
Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro e membro do Centro Republicano Radical Socialista de Cerdedo. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado e detido o 11 de outubro. Procesado en Pontevedra, foi posto en liberdade o 14 de decembro de 1934 canda Carlos González Estévez, Antonio Sueiro Cadavid, Camilo Sueiro Bouzas, Francisco Varela Garrido, José Torres Paz e Alfredo Iglesias Álvarez.[1] En febreiro de 1935 foi elixido presidente do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo.[2]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido no monte. Logrou embarcar en Vilagarcía de Arousa cara a Cuba e logo marchou a Buenos Aires. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.