equipo de investigación da Universidade de Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo adícase á investigación na área da lingüística computacional. Fundado por Xavier Gómez Guinovart, as liñas de investigación prioritarias do SLI céntranse no ámbito das tecnoloxías da lingua galega: procesamento de córpora textuais, aplicacións lexicográficas e terminolóxicas, análise lingüística automática, tradución automática, e correctores ortográficos e gramaticais.
Seminario de Lingüística Informática | |
---|---|
Tipo | grupo de investicación |
Fundador(es) | Xavier Gómez Guinovart |
País | España |
Na rede | |
https://www.sli.uvigo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Algúns dos principais recursos públicos desenvolvidos polo SLI son tradutores automáticos, correctores ortográficos en liña, dicionarios técnicos, corpus lingüísticos e ferramentas de análise lingüística en liña (véxanse as ligazóns externas para máis detalles).
Os recursos están dispoñíbeis na páxina Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.