From Wikipedia, the free encyclopedia
Romano III, nado no 968 e finado o 11 de abril de 1034, foi o emperador bizantino dende o 15 de novembro de 1028 ata a súa morte. O seu apelido Argyros, significa "prata", e en grego o seu nome completo era Ρωμανός Αργυρός.
Nome orixinal | (grc) Ῥωμανὸς ὁ Ἀργυρόπουλος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 968 Hierápolis, Turquía |
Morte | 11 de abril de 1034 (65/66 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | homicidio, alegadamente, Intoxicación |
Lugar de sepultura | Constantinopla |
Emperador bizantino | |
15 de novembro de 1028 – 11 de abril de 1034 ← Constantino VIII – Miguel IV → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) |
Cónxuxe | Zoe Porfiroxénita |
Irmáns | Basílio Argiro Pulcheria Argyre Maria Argyropoulina |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Romano foi un patricio bizantino non especialmente destacado, que foi obrigado polo emperador Constantino VIII a casar coa súa filla Zoe e converterse no seu sucesor. Mostrou gran disposición a deixar unha marca duradeira como emperador, pero non tivo gran fortuna nas súas empresas. Gastou grandes sumas na construción de novos edificios e na dotación de mosteiros, e na súa vontade de suavizar a presión fiscal desbaratou as finanzas do Imperio.
En 1030, decidido a responder ás incursións musulmás sobre as súas fronteiras orientais, dirixiu persoalmente un grande exército contra Alepo, pero foi sorprendido na súa marcha e sufriu unha grave derrota en Azaz, preto de Antioquía. Aínda que este desastre foi compensado pola defensa de Edesa por parte de Xurxo Maniaces e pola derrota dunha frota árabe no Adriático, Romano nunca recuperou a súa popularidade. A súa morte temperá crese que foi debida a un envelenamento inducido pola súa esposa.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VIII |
Romano III | Precede a: Miguel IV |
Dinastía Macedonia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.